Wednesday 08 de May de 2024

Rey e Villoslada participan na Comisión de Transporte, Mobilidade Sostible e Seguridade Viaria da FEMP


 

A Federación Española de Municipios e Provincias contou coa intervención da alcaldesa e do concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade para realizar esta mesa de traballo pola vía telemática, na que se perfilaron actuacións no proceso de desescalada e de recuperación económica e social

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de
Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, interviñeron esta
tarde na Comisión de Transporte, Mobilidade Sostible e Seguridade Viaria,
organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para
traballar no proceso de desescalada nesta crise da COVID-19.
Nesta mesa de traballo, o Concello da Coruña expuxo unha serie de medidas sobre
mobilidade urbana sostible como potenciar o uso da bicicleta, proxectos para
mellorar a mobilidade peonil, itinerarios escolares ou fomentar o uso do transporte
público. Tamén formularon os retos da mobilidade da nosa área, mellorar a
eficiencia das liñas do bus urbano tanto na cidade como na área metropolitana, a
mobilidade eléctrica e apostar polas plataformas únicas de transporte público. Son
medidas nas que o Goberno local leva traballando nos últimos nove meses.

Nota de Prensa

Por outra banda, abordáronse as medidas conxunturais de desescalada nas que se
potenciará a mobilidade peonil na vía publica e adaptaranse os ciclos semafóricos
ás persoas viandantes nos principais cruzamentos.
Esta mañá comezaron a realizarse, pola vía telemática, as catro primeiras comisións
de traballo, dun total de 26, encargadas de perfilar propostas e actuacións locais en
todas as áreas. Estas reunións foron as correspondentes á Comisión de Turismo;
Xuventude e Infancia; Transporte, Mobilidade Sostible e Seguridade Viaria; e
Facenda e Financiamento Local. Todas elas lideradas por alcaldes/as e
concelleiros/as, con 25 cargos electos en cada unha delas.
Tanto nestas reunións, como en cada unha das dez previstas para a próxima
semana, quedarán propostas as liñas de traballo de cada comisión e as actuacións
para desenvolver nos novos escenarios derivados da pandemia, tanto no proceso
de desescalada como no de reconstrución social e económica, que será preciso
acometer nos municipios españois.